laND30 somos un estudo de arquitectura paisaxista de carácter nómade que dende 2007 desenvolvemos proxectos de paisaxismo en diversos escenarios xeográficos e contextos culturais diferentes.

Os nosos proxectos implican normalmente un diálogo constante entre o territorio e outras profesións, normalmente arquitectos que se ocupan do espazo construído,

destas relacións xorden sinerxías que conducen normalmente a relacións extremadamente construtivas e creativas, que permitiron desenvolver proxectos de tipoloxías e localizacións moi diversas.

Buscamos crear entornas saudables que permitan o desenvolvemento de relacións sociais honestas co medio natural a través do deseño. Para nós é fundamental o compromiso coa conservación da biodiversidade, preservar o funcionamento dos sistemas naturais e a xestión sostible dos recursos.

Martín Toimil Mato. Arquitecto Paisaxista pola Universidade Técnica de Lisboa e Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade de Santiago de Compostela. Despois de ter adquirido experiencia en estudos de Portugal e España, funda a firma laND30 dende onde ven desenvolvendo múltiples proxectos, resultando premiados algúns deles: “O Xardín Celta” que formou parte da “2013 World Landscape Art Exposition Jinzhou” na China, “Activar o Cráter” que resultou 1º premio do “Concurso Urbano de Playa Honda” en Lanzarote. Tamén foi relator nas “II Xornadas Técnicas de Urbanismo Sostible de Galicia” en 2018, formou parte do xurado do “Concurso Nacional de Estudantes de Arquitectura” na Universidade de Timisoara Rumania no 2017 e foi comisario da exposición “New Tahrir Square” en 2012 na Galeria El Matadero de Madrid.

m.toimil@land30.com

Mario Fernandes. Arquitecto Paisaxista pola Universidade Técnica de Lisboa. Desenvolveu traballos en Portugal, Inglaterra e España e proxectos internacionais en China e Oriente Medio. Adquiriu experiencia na concepción e formulación de proxectos, colaborando con equipas multidisciplinares e multiculturais  adquirindo así capacidades de coordinación e organización.

mario@land30.com