ACTIVAR EL CRATER
CONCURSO DE IDEAS 1º PREMIO

Localización
PLAYA HONDA, SAN BARTOLOMÉ, 35509, LANZAROTE, ISLAS CANARIAS, ESPAÑA
Tipoloxia
PARQUE URBANO
Área
69.000 m2
Cliente
AYUNTAMENTO SAN BARTOLOMÉ
Fases

ESTUDIO PREVIO | PROXECTO DE EJECUCIÓN

Creditos
IVAN TORRES ARQUITECTOS – COAUTOR
PROMOVE ARQUITECTURA – COLABORATOR
CARLOS LEÓN – INFOGRAFÍA
Data Proxecto

2016-2019

Activar el Cráter é unha proposta que resultou gañadora no concurso de ideas para o Parque Urbano de Playa Honda no Ayuntamiento de San Bartolomé na illa de Lanzarote.

Trátase dun proxecto de rexeneración urbana dunha superficie de 7 hectáreas na franxa costeira de Playa Honda. Playa Honda é un núcleo poboacional con alta densidade residencial cerca do aeroporto da capital e os principais núcleos turísticos da illa.

Activar el Cráter nace baixo a inspiración da paisaxe volcánica de Lanzarote. En primeiro lugar, debido á proximidade do lugar ao aeroporto, o concepto permitía crear unha visión aérea moi recoñecible, por outro lado, a forma arquitectónica dun cráter invitaba a crear espazos resgardados, ideais para xerar zonas de estar confortables. A idea baséase na forma na que os agricultores de Lanzarote protexen as súas viñas en fosas excavadas no terreo e arroupados con vexetación que propicia sombra e protección ás zonas de estar.

Espacialmente, a proposta consiste na disposición dunha serie de cráteres de dimensión e envergadura variable ao longo de todo o parque urbano que permite distintos usos. Na zona de val, entre os cráteres, proponse a instalación dun gran elemento que permite almacenar auga de chuvia para o seu posterior uso na rega. A principal rede de camiños disponse na zona do lago ente cráteres. Esta topografía permite separarnos do aeroporto e xerar distintas vistas desde o parque. Trátase dun espazo diverso, con ritmo e que invita a ser percorrido.

O Parque ten continuidade co paseo marítimo de Playa Honda a través da nova Plaza peonalizada de Guacimeta, convertíndose así nun espazo de referencia para a cidade.