BETULA PENDULA

Localización
CIDADE DA CULTURA, SANTIAGO DE COMPOSTELA ESPAÑA
Tipoloxia
INSTALACIÓN EFÍMERA
Area
– m2
Cliente
FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA DE GALICIA
Fases
DESARROLLO | INSTALACIÓN
Creditos
ARMINDO SALGUEIRO – COLABORADOR
ALEJANDRO CARO – COLABORADOR
MANUEL G. VICENTE – FOTOGRAFÍA
Data proxecto
2017-2018

Betula pendula é unha instalación efímera que se realizou nas Torres Hedjuk, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela no 2018.

A obra reflexiona sobre a eiva que supoñen os lumes que asolan frecuentemente a paisaxe galega.

Galiza é unha das rexións de Europa con maiores masas forestais, factor que condiciona a beleza e identidade da súa paisaxe así como unha fonte de riqueza, pero é raro o ano que coa chegada do verán non se produzan vagas de lumes que arrasan grandes superficies forestais sen que ninguén sexa capaz de entender ou reverter esta situación fatídica.

A intervención Betula Pendula consistiu en relacionar o carácter dual que presentan as Torres Hedjuk, (Torre de vidro-Torre de pedra), como marco para reflexionar sobre a potencialidade/beleza  dos bosques e a súa fraxilidade/destrución respectos aos lumes nunha contraposición vida/morte.

Dalgún xeito, a intervención explora a idea de invertir ou dar a volta, tal como sucede nas Torres Hedjuk nas que o volume do espazo que hai entre as dúas torres é idéntico ao perfil dunha das torres pero invertido. Esta instalación destacaba como a xestión dos bosques transforma un enorme potencial de riqueza nun problema ambiental moi importante.

Torre de cristal: na torre de cristal créase un bosque invertido, colgando árbores coas copas cara abaixo desde a cuberta. No chan colocouse un gran espello que trasladaba ao visitante a sensación de camiñar sobre as copas. As árbores foron colocadas en marzo, polo que a brotación tivo lugar durante a instalación dando lugar a unha creación moi dinámica na que se pode observar a evolución das árbores desde esta perspectiva tan orixinal.

Na torre de pedra realizouse unha intervención con árbores queimadas que foron recollidas de bosques incendiados nese ano nos bosques de Galicia. Igual que na Torre de Cristal colgáronse invertidas a xeito de escultura. Aproveitando a ausencia de luz realizouse tamén, unha instalación de iluminación que proxectaba sombras sobre as paredes transmitindo escuridade e tristeza.