ESTUDIO PREVIO | PROXECTO DE EJECUCIÓN | DIRECCIÓN DE OBRA
PRAODUEÑAS – VIVERO
KAOSMOS – COAUTOR
AGROBOTANICA – CONSTRUCTORA
2K STUDIO – INFOGRAFÍA
O proxecto de arquitectura paisaxista da Urbanización Casablanca en Pozuelo de Alarcón en Madrid realizouse nunha urbanización de 168 viviendas cuns espazos exteriores de 5 hectáreas de axardinamento. O proxecto de paisaxismo busca crear un marco e espazo de ocio e esparcimento a todos os habitantes da urbanización.
O proxecto parte dunha premisa ecolóxica, pola que as augas grises das vivendas son usadas para a rega tras ser conducidas aos lagos que, ademais de actúar como biofiltros, articulan a paisaxe.
O proxecto de paisaxismo está conformado por grandes lagos que percorren lonxitudinalmente a parcela e arredor dos que se implantaron grandes extensións de céspede para ocio e disfrute dos usuarios. Na contorna dos lagos plantáronse grandes manchas de vivaces e gramíneas así como árbores diversas que xeran movemento en todo o proxecto.
O deseño e a elección de materiais que conforman os elementos construidos pretenden xerar unha idea de conxunto. Os camiños serpenteantes que percorren todo o xardín dan lugar a distintas zonas de estar que permiten disfrutar o xardín en diversas localizacións: áreas de sol, áreas de sombra, zonas abertas ou máis expostas e zonas íntimas e protexidas.




















