MOURELOS

Localización

SILLEDA, PONTEVEDRA

Tipoloxia

JARDÍN PRIVADO

Área

6.500 m2

Cliente

CLIENTE PRIVADO

Fases

ESTUDIO PREVIO | PROXECTO DE EJECUCIÓN | DIRECCIÓN DE OBRA

Créditos

SILLEDA JARDÍN S.L – CONSTRUCTORA

Data proyecto

2018-2022

A ubicación do garaxe permite ordenar as vistas e a circulación polo xardín. Existe unha zona ampla de acceso e estacionamento para vehículos fronte a entrada principal da vivenda e outra zona máis protexida entre a vivenda e o garaxe-ximnasio. Trátase dunha zona íntima que comunica as principais zonas de lecer da vivenda, tales como son o ximnasio, zona de xogos infantís, pérgola chill-out e comedor exterior. Instalaouse ademais unha lámina de auga-espello do ceo separando a zona máis próxima da vivenda ca zona de entrada e estacionamento para os vehículos, creando así unha barreira física e visual nun intento de preservar o carácter natural do xardín.

O comedor exterior é unha especie de invernadoiro de vidro e madeira que serve ao mesmo tempo para cultivar fermosas plantas tropicais ademais de tratarse dun comedor equipado con barbacoa, cociña e aseo.

Na parte orientada ao norte entre a vivenda e o muro existente reforzouse o carácter de patio creando un espazo máis pétreo onde se instalou un antiguo forno de pedra, un lavadeiro e unha fonte. Nesta zona preservouse o exemplar de figueira que xa existia e transplantouse a palmeira que medraba no outro lado da vivenda.

Na procura dun xardín funcional de baixo mantemento, que aportara cor e texturas o longo de todo o ano. Na área de sol con exposición a sur, optouse por unha plantación moi rica de gramíneas e plantas anuais que aportaran gran riqueza de cores e texturas durante todo o ano e marcan gran variabilidade estacional. Unha primavera chea de cores das floracións e os outonos amarelos-vermellos debido a existencia das gramíneas e os arces. Na parte de sombra con exposición norte, no espazo entre a vivenda e cerramento plantaronse plantas de grandes follas con distintas texturas e cores tales como son Hortensias, Hostas, Agaphanthus etc, ademáis de distintos tipo de trepadeiras que viven sobre os grandes muros de pedra existentes.

Coa realización das plantacións, na primavera chegaron os primeiros insectos que a súa vez trouxeron os páxaros e transformarón a antiga finca de Mourelos nun xardín salvaxe onde convive a familia na natureza.

O xardín localízase no lugar de Mourelos moi cerca do casco urbano do Concello de Silleda, na provincia de Pontevedra. Trátase dun proxecto de restauración dunha antiga vivenda de carácter rural en estado de abandono que foi restaurada ao mesmo tempo que se desenvolveu o proxecto de paisaxismo.

O principal condicionante do deseño foi a necesidade de introducir unha serie de equipamentos novos no xardín que permitiron dispor á familia duns usos que a arquitectura da antiga vivenda non permitía. Houbo que construir un garaxe, un ximnasio, ademais dun comedor exterior cuberto.