LA FINCA 88

Localización
PASEO DE LOS LAGOS, 28223, POZUELO DE ALARCÓN, MADRID, ESPAÑA
Tipoloxia
XARDÍN PRIVADO
Área
3.000 m2
Cliente
CLIENTE PRIVADO
Fases

ESTUDIO PREVIO | PROXECTO DE EJECUCIÓN | DIRECCIÓN DE OBRA

Créditos

A-CERO – PROXECTO DE ARQUITECTURA
A-CERO – FOTOGRAFÍA
AGORBOTÁNICA – CONSTRUCTORA

Data proxecto
2012
Data execución
2020

Rochas de distintos tamaños, algunhas delas enormes, xorden dunha gran superficie sempre verde de gramíneas. Esta superficie ocupa a maior parte da parcela, dando armonía a todo o xardín e creando pola súa forma, espazos que dan lugar a camiños e distintas zonas de estar.

A vivenda, grandes relevos de gramíneas e un pequeno lago creado ao fondo rodean a unha grande pradeira de céspede plana, orientada cara o sur, que serve como lugar de estancia principal. Na zona contigua á piscina creouse unha zona de chill out seguida dun areeiro de forma circular que simula un xardín Zen. Este xardín é similar aos que foron creados na zona da entrada principal, onde os monolitos de lousa xorden dunha gran superficie peiteada de grava fina.

O estrato arbóreo está conformado por distintas especies que dan lugar a bosques naturalizados. Plantáronse bidueiros na zona do lago e liquidámbares separando a pradeira do areeiro chill out. Por outra banda,  grupos de maceiras de flor de porte arbustivo e érvedos recuperados do campo salpican toda a superficie de gramíneas.