PRAZA DE GALICIA

Localización
LALÍN, PONTEVEDRA, ESPAÑA
Tipoloxia
PRAZA URBANA
Área
9.000 m2
Cliente
AYUNTAMIENTO DE LALÍN
Fases

ESTUDIO PREVIO | PROXECTO DE EJECUCIÓN | DIRECCIÓN DE OBRA

Créditos

MANSILLA + TUÑÓN – PROXECTO DE ARQUITECTURA
PROMOVE – COLABORADOR
TABOADA Y RAMOS – CONSTRUCTORA
BARNACLE – CONSTRUCTORA

Data proxecto
2014-2019

A Praza de Galicia busca converterse nun lugar de referencia para a relación social e comunitaria dentro do núcleo urbano de Lalín.

A proposta traballa sobre a idea de conxunto de praza e do edificio do Concello. A intención é extender a lóxica e a forma do Concello cara a envolvente, creando un espazo fácilmente identificable.

Créanse dúas tipoloxías de espazos buscando adaptar a praza para dous usos diferentes.

Por unha banda, unha gran zona aberta central ocupando a maior parte do espazo de intervención, plantexada como lugar de ocio e esparcemento. Por outra banda, unha zona lineal de apoio as edificacións envolventes á praza.

Separando ambos espazos, plantéxase unha área de intersección constituida por pequenos montículos de céspede e zonas de plantacións con camiños e bancos. Estas modelacións forman unha separación permeable, formando parte dos dous espazos  ao mesmo tempo que presenta o seu propio carácter e identidade.

A propia topografía dos montículos, ademais de interese estético, crea distintas situacións moi atractivas desde o punto de vista do confort humano: áreas en lixeira pendente con distintas exposicións, zonas máis abertas e outras más íntimas que crean espazos diversos e atractivos para todos os usuarios. Preténdese reforzar o potencial deste espazo coa creación dun pequeno anfiteatro, a instalación de equipamiento como bancos cara a zona pavimentada, mesas con bancos, areeiro infantil, luminarias, papeleiras, etc.