PRAZA DE OSEIRA

Localización
RODEIRO, PONTEVEDRA, ESPAÑA
Tipología

PRAZA PÚBLICA

Área
2.000 m2
Cliente
AYUNTAMIENTO DE RODEIRO
Fases

ESTUDIO PREVIO | PROXECTO DE EJECUCIÓN | DIRECCIÓN DE OBRA

Créditos
PROMOVE ARQUITECTURA – COLABORADOR
IVÁN CASAL NIETO – FOTOGRAFÍA
Fecha proyecto
2018-2022

A Praza de Oseira é a praza central de Rodeiro, un concello de carácter eminentemente rural, localizado ao noroeste da provincia de Pontevedra de 2.500 habitantes.

A praza atópase no itinerario do Camiño Francés De Santiago, “Camiño de Inverno” que debe o seu nome a que unha das vías que a limita, comunica Rodeiro co mosteiro de Oseira no Concello vecino. Trátase dun mosteiro Románico do século X que ao longo da historia ten tido gran importancia económica e social na comarca. O mosteiro destaca polo seu tamaño e a súa construción compacta con grandes bloques de granito.

A praza que xa tiña sufrido varias remodelacións ao longo da historia atopábase antes da intervención elevada sobre as rúas da contorna e pechada en todo o seu perímetro por un pequeno muro e cerramento. A proposta consistiu fundamentalmente en eliminar as barreiras da praza abríndoa así ás rúas e convidando a todos os transeúntes a adentrarse e utilizala como espazo de ocio e esparcimento.

Optouse por xerar un graderío irregular con grandes bloques de granito que permiten absorber os distintos desniveis entre ás rúas e a praza. Ao mesmo tempo, este graderío permite preservar os grandes exemplares de carballos e castiñeiros existentes. Xerouse tamén unha rampa e un camiño adaptado que permiten a conexión entre as rúas da contorna.

En todo o proxecto cóidase con especial atención todos os pormenores en pedra: o adoquín rugoso do tráfico rodado, as lousas de pavimento peonil , o granito pulido dos grandes bloques e outras pezas que conformaron a drenaxe. Desta xeito, o proxecto tamén é unha homenaxe á xente que traballa a pedra dende sempre nesta rexión.