ESTUDIO PREVIO | PROXECTO DE EJECUCIÓN | DIRECCIÓN DE OBRA
Z4Z4- PROXECTO ARQUITECTURA
IMAGEN SUBLIMINAL – PHOTOGRAPHY
TB_house é unha vivenda privada localizada en Aravaca, unha zona residencial nas aforas de Madrid. A pesares de ser unha zona moi poboada, o feito de estar a vivenda no perímetro da urbanización moi cerca do monte do Pardo, semella estar nun entorno natural.
A Casa Tobogán é unha orixinal vivenda de tres plantas que se constrúe xerando un corte no terreo a través de dous muros de formigón onde se localiza a planta soto e sobre a que se apoia a estrutura máis lixeira que contén ás outras dúas plantas.
O proxecto de paisaxismo pretende recrear por un lado unha paisaxe natural sobre a ladeira da montaña na que se asenta a vivenda, mentres que se utiliza a fendedura entre os muros para propiciar xardíns máis íntimos con vocación de zonas de estar de apoio á vivenda.
O xardín envolvente presenta un aspecto salvaxe que se integra perfectamente na paisaxe da contorna. Colocáronse distintas rochas de granito silvestre intercaladas entre unha serie de plantacións que mesturan plantas vivaces e gramíneas e onde case non se percibe un camiño con aspecto rústico que permite o acceso e saída da vivenda. Ademais, existen pequenos camiños peonís incrustados na paisaxe. O deseño deste espazo é moi orgánico, con elementos naturais da contorna. En canto á vexetación , utilizáronse máis de 50 variedades de plantas que aportan cor, textura e movemento a todo o xardín, ademais de atraer moitos insectos en primavera e verán. Trátase dun xardín vivo e dinámico cheo de vida e cor na primavera e verán que descansa e se aletarga no inverno para sobrevivir ás duras condicións climáticas de Madrid.
Entre os muros, os xardíns que alí se esconden son totalmente distintos. Trátase de espazos creados como zonas de estar, protexidos do exterior. Son espazos máis íntimos que conforman o escenario de vida cotiá da familia. Unha gran pradaría de herba que une a piscina co salón, ao fondo, detrás da piscina existe un talude plantado con diversas variedades de gramíneas que xera unha paisaxe visual sempre en movemento.
Entre a cociña e o salón, a vivenda xera un gran patio a modo de invernadoiro, onde se plantaron distintas especies de plantas tropicais nun intento de recrear a maxia dos primeiros invernadoiros que se construiron en Europa para albergar as coleccións de plantas exóticas que os exploradores traían dos trópicos.
Na parte traseira do soto, entre a vivenda e a ladeira, debido ao gran volume da excavación que foi necesario para a implantación da mesma, xerouse un espazo abrupto que foi preciso estabilizar mediante a colocación de pedras de gran dimensión reforzado con vexetación de sombra que transmite unha sensación de caverna que o espazo imprime ó lugar cando un se atopa alí.